LIBROS RELACIONADOS.
Para poder aprender máis sobre os países polos que viaxaron os nenos e nenas de infantil, o equipo da biblioteca do centro fixo unha selección de libros relacionados co lugar no que se fotografiaron os pequenos ou co país. Habilitouse unha zona especial na biblioteca para que calquera poida ir consultalos. Nestes libros atoparedes información, historias, lendas e moito máis!