OS CARTEIS.
Polo colexio están repartidos os 34 carteis que mostran os lugares do mundo que visitaron os peques de Educación Infantil. O cartel de cada país consta do número que ocupa na exposición, dun debuxo do continente co país sinalado co marcador de Google Maps, un debuxo da bandeira, un QR que enlaza a unha fotografía en 360 grados do lugar visitado e a referencia e a portada dun libro da biblioteca do centro onde aprender máis sobre ese país.